Foto de cabecera

A OMIC

O Concello de Ferrol á través da OMIC, Oficina Municipal de Información ao Consumidor, da un  servizo aos consumidores para asesorar e informar aos consumidores, e tamén recepciona as reclamacións dos cidadáns en temas de consumo.

A través da OMIC o Concello de Ferrol dá un servizo de atención gratuíta e directa para que os cidadáns poidan resolver as discrepancias que se poidan xerar por mor de desconformidades derivadas do consumo.

A oficina está na rúa da Igrexa s/n, Mercado da Magdalena, 15.402
Telf. 981 944 150
Horario: de 9.00h a 13.30h

Os servizos que se ofrecen a través da OMIC son:

  1. Atención personalizada
  2. Análise de conflitos derivados do consumo
  3. Campañas de Información
  4. Elaboración de material informativo
  5. Asesoramento en temas normativos e lexislativos

Finalidade da OMIC

  • Informar aos consumidores en materia de consumo

Que asuntos se tratan?

Os relacionados co ámbito do consumo

  • Bens: vivenda, automóbiles, roupa, electrodomésticos...
  • Subministracións: gas, electricidade, auga, telefonia...
  • Servizos: transporte, axencias de viaxe, bares, restaurantes...
  • No ámbito dos Seguros e a Banca a información que se proporciona dende a OMIC é xeral, pois teñen sistemas propios e alleos de atención e defensa ao cidadán nas propias entidades

Quen pode utilizar este servizo?

Tódolos consumidores, persoas físicas ou xurídicas, que compren ou utilicen como destinatarios finais bens, produtos ou servizos.
Non teñen a consideración de consumidores finais quen teñan coma fin a prestación a terceiros dos mesmos, transformación ou comercialización.

Instituto Galego de Consumo
Concello de Ferrol
Omic de Ferrol
Rúa da Igrexa s/n Mercado da Magdalena 15402 - Ferrol
Teléfono: 981 944 150
Valid CSS2
Valid Xhtml 1.0 Transitional
Test de Accesibilidad Web